Anúnciase convocatoria pública para prover mediante o sistema de concurso-oposición tres prazas de albanel, tres prazas de peón, unha praza de peón xardineiro e unha praza de carpinteiro para o Concello de Vilalba, publicadas no BOP nº 275, do 1 de decembro de 1994, con dúas correccións de erros nos boletíns oficiais da provincia números 286 e 295, do 16 e 27 de decembro de 1994, sendo o prazo de presentación de instancias de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.
Vilalba, 6 de febreiro de 1995.
Agustín Baamonde Díaz
Alcalde

