Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da corporación municipal, en sesión extraordinaria, celebrada o día 16 de febreiro de 1995, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual nº 13 do PXOU redactado polo arquitecto municipal Eugenio Jiménez Passolas.

De conformidade co establecido no art. 128, en relación co art. 114 e 115 do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e art. 127 do Regulamento de planeamento urbanístico, o dito expediente estará exposto ó público polo prazo de un mes, a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia; os interesados poderán examinalo nas oficinas municipales de secretaría e presentar alegacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 20 de febreiro de 1995.

Xoaquín X. Gago López

Alcalde