De conformidade co determinado no artigo 13º, punto 1, do regulamento de procedemento para a
designación dos membros dos órganos de goberno da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, faise público, para coñecemento dos señores impositores da entidade, que a relación nominal de compromisarios correspondentes ás circunscricións electorais de Ourense e Pontevedra, elixidos en sorteo público ante notario, que elixirán a 16 conselleiros xerais representantes dos impositores na asamblea xeral, permanecerá exposta entre os días 17 e 23 de marzo en curso, ambos inclusive, en tódalas oficinas da Caixa, co fin de que poida ser consultada polos impositores e presentaren estas as reclamacións ou impagnacións que sobre a relación coiden oportunas, ata o día 27 do mesmo mes, inclusive, mediante escrito dirixido á comision de control, que deberá ser presentado no domicilio social da Caixa, Rúa do Paseo, 6, Ourense, ou en calquera das súas oficinas.
Ourense, 8 de marzo de 1995.
David Ferrer Garrido
Presidente da Caixa. Presidente da comisión
electoral

