Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.964

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 17 de febreiro de 1995 polo que se fai público o nomeamento de xuíz de paz substituto de Beariz (Ourense).

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa reunión do día 17 de febreiro de 1995 acordou nomear por un período de catro anos o xuíz de paz substituto do concello de Beariz (Ourense) desta Comunidade Autónoma, que foi elixido polo Pleno do dito concello con obtención de voto favorable da maioría dos seus membros.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes ó da publicación desta edicto para ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

O xuíz de paz nomeado deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5 da Lei orgánica do Poder Xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de tres días tomará posesión no xulgado de paz para o que é nomeado, ante quen estea exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade, deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia