Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 58/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T., que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 70 da L1326 Atios-Redondela ata o C.T. que se proxecta en Urbanización San Antoniño, concello de Mos.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-soterrada, a 15/20 kV, sendo o tramo aéreo de 271 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e o tramo soterrado será de 400 m de lonxitude, con conductores tipo RHV. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV/398-230 V.

Orzamento: 14.155.057 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra