Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T., que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 1 da L.M.T. L2901 de Vilalonga ata o C.T. que se proxecta en Vilar, concello de Sanxenxo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, con conductor tipo RHV, de 110 m de lonxitude. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.
Orzamento: 5.225.271 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 9 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

