Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso para a contratación directa da subministración de material informático destinado ós servicios centrais e delegacións provinciais desta consellería.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar concurso para a contratación directa do seguinte material:

-Obxecto do contrato: subministración de material informático destinado ós servicios centrais e delegacións provinciais.

-Orzamento de licitación oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.).

-Prazo de execución: un mes.

-O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados no Rexistro Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, San Caetano, Santiago de Compostela.

As proposicións presentaranse no devandito rexistro ou na forma que dispón o art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola comisión de contratación o terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, sempre e cando este non coincida en sábado, que pasará ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da consellería ás 10 horas.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude