Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1995 pola que se anuncia concurso público, con trámite de admisión previa, para a adquisición de 300 vivendas en fase de proxecto, en diversas localidades de Galicia.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación seguinte:

Obxecto: adquisición de 300 vivendas en fase de proxecto en tódolos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia onde exista unha carencia de vivendas, ou un desaxuste importante entre a oferta e a demanda de vivendas.

Gasto autorizado: 2.940.000.000 de pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso público con trámite de admisión previa.

Fianza provisional: o 2 por 100 da oferta.

De conformidade co establecido no Real decreto 1.883/1979, do 1 de xuño, que desenvolve o disposto na disposición final cuarta da Lei de contratos do Estado e nos artigos 341 e 349 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dispénsase da obriga de presentar fianza provisional a tódolos contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán ser examinados tanto nos servicios centrais coma nos servicios técnicos provinciais do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no prego de cláusulas administrativas particulares.

A documentación e proposición económica que deberán entrega-los oferentes sinálase no prego citado e poderán presentarse segundo indica o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, na redacción dada ó mesmo polo Real decreto 2.528/1986, do 28 de novembro, no rexistro xeral da delegación provincial respectiva do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ata as 14 horas do vindeiro día 15 de maio de 1995.

Apertura de proposicións: a Mesa de Contratación reunirase en sesión pública ás 10 horas do vindeiro dia 31 de maio de 1995, na sala de xuntas na respectiva delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo. O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios proporcionalmente.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.

P.D. (Resolución 16-12-93)

José Antonio Gil Sotres

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo