Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.118 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Eirexalba-O Incio, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón, cunha lonxitude de 1.035 metros. Centros de transformación intemperie, B2, de 50 e 100 kVA, 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión de 4.125 metros e conductores 2x25, RZ-95-50-25, para mellora do servicio en Eirexalba no concello do Incio.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 22 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo