Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 159/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo, no que se solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e de acordo co disposto no Real decreto 2.634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria,

Esta delegación provincial resolveu:

Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor RHV, desde a subestación de Salvaterra ata o apoio nº 1 da L.M.T. aérea proxectada Salvaterra-Meder.

L M.T. aérea, a 20 kV, de 3.286 m de lonxitude, con conductores LA-110 e apoios de formigón, desde a L.M.T. proxectada ata o apoio 172 da L.M.T. existente Ramal-Cebreiros, concellos de Salvaterra e As Neves.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 24 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra