Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 176/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Fenosa, con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar

L.M.T. e C.T. en Rivera-Atienza II, concello de Vigo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Fenosa a instalación de L.M..T. e C.T. en Rivera-Atienza II, concello de Vigo.

Esta autorización nón supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 24 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra