Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se publica a relación actualizada dos coutos de pesca fluvial das augas continentais galegas.

O artigo 3 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca

fluvial de Galicia, establece que debido ás súas especiais características, e co fin dunha mellor regulación da pesca, determinadas masas de auga poderán ser acoutadas de xeito temporal ou permanente como: couto de pesca, couto de pesca intensiva e couto de pesca sen morte, entre outros.

No momento da entrada en vigor da Lei 7/1992, nas augas continentais galegas estaban constituídos coutos de pesca continental creados ó longo do período de aplicación da Lei de pesca fluvial do 20 de febreiro de 1942 e do regulamento para a súa execución. Estes coutos, na súa maior parte vixentes na actualidade, foron nalgúns casos moficiados tanto na súa extensión xeográfica como nas súas normas de funcionamento.

É por isto que esta dirección xeral considera que cómpre publica-la relación actualizada dos coutos de pesca fluvial vixentes na actualidade en cada unha das provincias galegas, incluída como anexos á presente resolución, e na que se reflicten, ademais dos límites, o número de permisos que expide o Servicio de Medio Ambiente Natural da provincia correspondente e a súa categoría.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1995.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural