O Decreto 314/1986, do 16 de outubro, polo que se regula o sistema público de museos da Comunidade Autónoma de Galicia establece a obriga de tódolos museos de Galicia de confecciona-lo inventario e o catálogo das pezas que posúan, como medio para documentalas cientificamente e así poder exerce-las funcións que a todo centro destas características lle corresponden.
Por outra banda, a Consellería de Cultura ten atribuída, en aplicación das súas competencias en materia de museos e patrimonio moble, a facultade de velar pola conservación, coidado e adecuado coñecemento dos museos e do patrimonio moble de Galicia, así corno a de fomenta-la formación do persoal técnico dos museos, colaborando cos de Galicia, na medida das súas posibilidades orzamentarias, para o mellor cumprimento por eles dos fins e obrigas que lle son propios.
Por todo isto,
DISPOÑO:
Artigo 1º.
1. Convócanse bolsas para inventario e catalogación dos fondos de museos e coleccións relevantes de interese galego, con cargo á aplicación orzamentaria 010.003.357A-481.00, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1995. O importe total das axudas en ningún caso excederá do crédito asignado para o efecto.
2. Os bolseiros realizarán os seus traballos en diversos centros museísticos de Galicia e serán coordinados e dirixidos pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura e por persoal técnico e facultativo debidamente cualificado, designado para o efecto por aquela.
3. Os traballos terán unha duración de 6 meses a partir da comunicación da concesión ós bolseiros propostos, por parte da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura.
4. Os bolseiros seleccionados quedarán obrigados a:
-Asistir diariamente durante un mínimo de 5 horas ós centros onde resulten destinados.
-A segui-las indicacións técnicas dos coordinadores.
-A entregarlles ós coordinadores, ó finaliza-la bolsa, informe técnico así como copia dos inventarios e catálogos resultado do seu traballo.
Ó remata-la actividade, os coordinadores dos bolseiros depositarán na Dirección Xeral do Patrirnonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura copia do material realizado por cada bolseiro. O orixinal dos inventarios e catálogos quedará depositado no mesmo lugar no que se realizou o traballo.
Artigo 2º
1. Os solicitantes dunha bolsa deberán ser licenciados universitarios con coñecementos de museoloxía e materias afíns.
2. As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial, que figura como anexo desta orde, no Rexistro Xeral da Consellería de Cultura ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán así mesmo presentarse de calquera das formas previstas no artigo 38.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. Os solicitantes, deberán xunta-la seguinte documentación:
-Fotocopia do DNI.
-Declaración expresa de non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, situacións que producen incompatibilidade co desfrute da bolsa que nesta orde se convoca.
-Fotocopia compulsada do expediente académico.
-Anexo II cuberto e fotocopia dos méritos alegados.
Artigo 3º
1. As bolsas serán adxudicadas prioritariamente para os seguintes museos e campos:
NO CAMPO DA HISTORIA DA ARTE.
1. Museo de Belas Artes da Coruña.
1. Museo das Peregrinacións.
1. Tratamento Documental do Inventario.
1. Museo da Colexiata do Sar.
1. Museo Histórico de Sargadelos.
No caso de rematar antes do tempo previsto o traballo nestes museos, acometeríase a inventarización do Museo Municipal de Ourense.
NO CAMPO DA ARQUEOLOXÍA.
1. Museo do Castro de Viladonga.
1. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
1. Tratamento Documental do Inventario.
1. Museo de Santa-Tegra.
NO CAMPO DA ETNOGRAFÍA.
1. Museo do Mar de Cervo.
1. Museo Etnolóxico de Ribadavia.
1. Museo Etnográfico Olimpio Liste de Oseira.
1. Museo da Terra de Melide.
NO CAMPO DA BIOLOXÍA MARIÑA.
1. Catalogación da colección malacolóxica depositada na Casa das Artes de Vigo.
2. Reservaranse 4 bolsas para licenciados en xeografía e historia da filosofía e letras, coa especialidade de museoloxía, que obtiveran a licenciatura nos anos 1992, 1993 e 1994.
Estas reservas terán destino nos centros seguintes:
-Museo de Belas Artes da Coruña (1 bolsa).
-Museo Etnolóxico de Ribadavia (1 bolsa).
-Museo do Castro de Viladonga (1 bolsa).
-Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (1 bolsa).
Os interesados nesta reserva, que será excluínte, deberán facelo constar expresamente na solicitude.
Artigo 4º
O importe da bolsa non excederá da cantidade de 694.000 pts. cada unha.
Artigo 5º
1. Os correspondentes servicios técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura poderán reclamarlles, se fose necesario, ós solicitantes que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación esixida, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, outorgándose un prazo de 10 días, desde o recibo do escrito de requirimento.
2. A avaliación dos méritos alegados, que lle corresponde á Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura, farase segundo o seguinte baremo:
-Especialidade en historia da arte: 3 puntos.
-Especialidade en etnografía: 3 puntos.
-Especialidade en arqueoloxía: 3 puntos.
-Especialidade en museoloxía: 3 puntos.
-Especialidade en bioloxía mariña: 3 puntos.
-Experiencia de traballo remunerado en catálogos e inventario de fondos de museos. Por cada mes: 0,25 puntos. Ata un máximo de 4 puntos.
-Experiencia de traballo non remunerado en museos. Por cada mes: 0,10 puntos. Ata un máximo de 1,20 puntos.
-Cursos de museoloxía e monográficos de historia da arte, arqueoloxía, antropoloxía, etnografia ou bioloxía mariña:
a) Por cursos de menos de 40 horas: 0,10 puntos. Ata un máximo de 1 punto.
b) Por cursos con acreditación expresa de máis de 40 horas: 0,25 puntos. Ata un máximo de 2 puntos.
c) Asistencia a congresos: 0,10 puntos. Ata un máximo de 1 punto.
-Presentación de comunicacións en congresos: 0,25 puntos. Ata un máximo de 2 puntos.
-Presentación de relatorios en congresos: 0,50 puntos. Ata un máximo de 4 puntos.
-Publicacións relacionadas con museoloxía, historia da arte, arqueoloxía, antropoloxía, etnografía ou bioloxía mariña:
a) Por cada libro publicado: 1 punto. Ata un máximo de 3 puntos.
b) Pola publicación de inventarios ou catálogos: 0,5 puntos. Ata un máximo de 2 puntos.
c) Por cada artigo en revista especializada: 0,5 puntos. Ata un máximo de 2 puntos.
O mesmo mérito só se valorará unha vez: como comunicación, publicación ou asistencia a congresos.
-Doutoramento:
a) Pola realización total dos cursos de doutoramento ou tese de licenciatura: 1 punto.
b) Pola realización da tese de doutoramento: 2 puntos.
-Cursos de galego:
a) Iniciación: 0,5 puntos.
b) Iniciación ou perfeccionamento: 1 punto.
Elaborarase un listado por cada un dos campos ou especialidades, tendo en conta que os méritos específicos alegados só se valorarán no campo a que correspondan.
3. A selección das bolsas reservadas para os licenciados dos anos 1992, 1993 e 1994 efectuarase de
acordo coas cualificacións obtidas en tódolos cursos da licenciatura; resultarán seleccionados aqueles solicitantes que obteñan a puntuación máis alta.
4. Os solicitantes deberán realizar unha proba escrita de contido técnico, e deberán acada-la condición de apto para poderen optar a unha das bolsas convocadas.
5. A resolución da convocatoria correspóndelle ó conselleiro de Cultura por proposta do director xeral do Patrimonio Histórico e Documental. O acordo farase público nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura e nos das súas delegacións provinciais.
6. A resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación efectiva dela ós interesados.
Artigo 6º
O pagamento da bolsa axustarase á norma orzamentaria de aplicación.
Antes de proceder ó seu cobro, os beneficiarios das bolsas terán que acreditar mediante certifícacións expedidas polos organismos competentes que se atopan ó corrente das súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Se é o caso, deberán facer declaración expresa de que non hai lugar ás ditas obrigas.
Artigo 7º
1. No caso de que os beneficiarios das bolsas incumprisen algunha das condicións ou obrigas estipuladas na presente orde, a Consellería de Cultura instruirá expediente sancionador conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e poderá, mesmo, anula-los beneficios concedidos e solicita-la devolución das cantidades percibidas, se as houbese, nos prazos que establece o Regulamento xeral da recadación.
2. O persoal técnico e facultativo que en cada provincia coordine e dirixa os bolseiros poderá propoñerlle á Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura a extinción da bolsa por falta de dedicación ou incumprimento das condicións sinaladas.
3. A Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura expedirá, logo do informe favorable dos coordinadores, ó remata-los traballos, certificación acreditativa da prestación dos servicios.
Artigo 8º
A Consellería de Cultura poderá facer pública unha nova convocatoria en iguais ou diferentes termos, no caso de que as adxudicacións acordadas non cubrisen a totalidade do crédito asignado.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o director xeral do Patrimo
nio Histórico e Documental para dictar, no ámbito das súas competentencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte
ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1995.
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
Conselleiro de Cultura

