En virtude do acordado por resolución do día da data dictada en procedemento abreviado número 349/1993, dirixo a presente cédula co fin de que proceda á inserción e publicación no DOG da sentencia que ten o encabezamento e decisión como segue: «No procedemento abreviado número 349/1993, dimanante do procedemento abreviado número 21/1993, instruído polo Xulgado de Instrucción número un de Padrón, polo delicto de quebrantamento de condena e evasión de presos, contra o acusado Francisco Javier Vázquez García, nacido o 4 de marzo de 1967, solteiro, fillo de Peregrino e Josefa, natural e veciño da Coruña, con domicilio en galería Santa Margarita número 6-1 esquerda, con antecedentes penais, de quen non consta solvencia e en liberdade provisional por esta causa, defendido pola letrada Abel Souto e representado pola procuradora Álvarez Candeira, sendo parte o ministerio fiscal. E, decido: que debo condenar e condeno a Francisco Javier Vázquez García como autor dun delicto de quebrantamento
de condena e evasión de presos, concorrendo a agravante de reincidencia e a atenuante de drogadicción, á pena de seis meses e un día de prisión menor, con suspensión de todo cargo público e dereito de sufraxio, e pagamento de custas.
Notifíquese a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderán interpor perante este xulgado recurso de apelación no prazo de dez días. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.»
E para que sirva de notificación ó condenado Francisco Javier Vázquez García, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado

