Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.252

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (626/1994).

Mª Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela fai saber:

Por medio do presente edicto e a teor do acordado en autos de separación que se seguen neste xulgado co número 626/1994 por instancia de Manuel Ferreiro Couto representado pola procuradora Sánchez Silva contra Mª Salomé Castro González emprázase esta última para que dentro do termo de vinte días compareza en autos por medio de avogado e procurador e conteste a demanda, baixo apercibimento de que de non o verificar será declarada en rebeldía e terase por decluído o trámite de contestación á demanda.

E para que conste e sirva de emprazamento a Mª Salomé Castro González, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado