Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.251

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (388/1994).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Santiago de Compostela, certifico que nos autos de xustiza gratuíta

388/1994, que se seguen neste xulgado por instancia de Antonio González Carbia, representado polo procurador Sr. García Brea, contra Concepción García Turnes, se dictou sentencia que di así no seu encabezamento e decisión:

«Sentencia: En Santiago de Compostela o vinte de decembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos seguidos neste xulgado sobre recoñecemento xudicial de xustiza gratuíta, interposta a demanda pola procuradora Ana Isabel Pazo Labrador, en quenda de oficio, en nome e representación de Antonio González Carbia, contra Concepción García Turnes, maior de idade e con domicilio actual descoñecido, sobre demanda de xustiza gratuíta con obxecto de formular demanda de divorcio.

Decido que, estimando a demanda promovida pola procuradora Ana Isabel Pazo Labrador, en nome e representación de Antonio González Carbia, debo recoñecer e recoñézolle o dereito a xustiza tratuíta para litigar contra Concepción García Turnes no procedemento de divorcio, e sen facer pronunciamento sobre as custas causadas no procedemento.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor, perante este xulgado, recurso de apelación, no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado