Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.251

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (454/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xustiza gratuíta a que se fará mención se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xustiza gratuíta número 454/1994, promovendo a demanda Carmen Losada Gómez, designada de oficio en nome e representación de Manuel Enrique Malde Hervada, maior de idade, con domicilio na Avenida de Rosalía de Castro, nº 2, Montrove (Oleiros), A Coruña sobre demanda de xustiza gratuíta, con obxecto de formular reclamación de cantidade contra Eugenio Ángel Malde Arbones.

Decido: que, con estimación da demanda promovida pola procuradora Carmen Losada Gómez, en nome e representación de Manuel Enrique Malde Hervada debo recoñecerlle e recoñézolle o dereito a xustiza gratuíta para litigar contra Eugenio Ángel Malde Arbones en xuízo sobre reclamación de cantidade, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas causadas no procedemento. Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor, perante este xulgado, recurso de apelación, no prazo de cinco días, seguintes ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Rubricado