María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago constar que neste xulgado se tramita xuízo verbal civil nº 24/1992, no que se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:
«En Santiago de Compostela o 22 de abril de 1994. Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos deste cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil verbal seguido neste xulgado co número 24/1992, no que actuaron, como demandante, Almacenes Casan, S.A., no domicilio social en Betanzos (A Coruña), representado polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistido da letrada Ángeles Rodríguez Mato, e como demandados, José Martínez Abelenda, maior de idade e veciño de Santiago, e a entidade Adriática S.A., con domicilio social en Madrid, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e asistida polo letrado Ricardo Ferrer Jaureguízar, en reclamación de cantidade.
Decido: que, estimando a demanda presentada, debo condenar e condeno a José Martínez Balenda a indemniza-la sociedade demandante en 471.794 ptas. por danos e en 235.301 ptas. por prexuízos, con imposición ó anterior das custas da parte actora, e con imposición á parte actora das custas de Adriática, S.A., á cal se absolve. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días, desde a notificación, mediante escrito de formalización do recurso formulado conforme dispón o vixente artigo 733 da LAC. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado ilexible».
E para que conste e sirva de notificación a José Martínez Abelenda, en paradoiro ignorado, e con último domicilio coñecido en Camiño dos Vilares, nº 21, 2º A, de Santiago de Compostela, mediante
a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido esta cédula que selo e asino en Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.
O secretario
Rubricado

