Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezado e parte dispositiva di: «En Santiago de Compostela o un de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 227/1994, seguidos por lesións en agresión, sendo denunciantes Gabriel Vázquez Suárez, maior de idade, Constantino Manuel Silva Picallos, maior de idade, coa defensa letrada de Jacinto García Quintas, prexudicado o Concello de Santiago de Compostela, representado polo procurador Reimóndez Portela e defendido por Francisco Yáñez Vilas; e aparecendo como parte denunciada Antonio Sánchez Budiño e Carlos Núñez Iglesais, maiores de idade, sendo parte igualmente o ministerio fiscal.
Decido: que debo condenar e condeno a Antonio Sánchez Budiño e Carlos Núñez Iglesias, como autores responsables dunha falta de lesións en agresión do art. 582 do Código penal, á pena de quince días de arresto menor, debendo indemnizar a Gabriel Vázquez Suárez na cantidade de 1.238.000 ptas. e ó Concello de Santiago de Compostela na cantidade de 7.475 ptas., cantidades que devengarán o xuro legal desde a data desta sentencia e deberán ser aboadas conxunta e solidariamente por ámbolos dous condenados. Así mesmo, deberán aboa-las custas procesuais conxunta e solidariamente.
Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Antonio Sánchez Budiño, que se atopa en paradoiro ignorado, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
Rubricado

