En virtude do acordado polo xuíz de primeira instancia e instrucción número un de Padrón, Juan Manuel Regal Menéndez, en xuízo voluntario de testamentaría 275/1993, promovido por Generosa Torrado Blanco respecto ó caudal hereditario de Francisco Torrado Fernández e Perfecta Blanco, polo presente edicto cítase a Delfina Rois Torrado, Leonor Rois Torrado e herdeiros descoñecidos e incertos
de Adolfo Torrado Blanco, co fin de que no prazo de quince días comparezan perante este xulgado, sito na rúa Tetuán, s/n, asistidos de avogado e representados por procurador, apercibíndoos de que de non o faceren seguirá o xuízo o seu curso sen os volver a citar.
En Padrón, 20 de febreiro de 1995.
O xuíz
Rubricado
O secretario
Rubricado

