José Manuel Seren Quintela, secretario do Xulgado de Instrucción de Negreira, certifico que nos autos de xuízo de faltas número 2/1994, sobre malos tratos, que se segue neste xulgado, dictouse a sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:
Sentencia nº 20/1995: en Negreira o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Instrucción de Negreira e do seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas arriba indicados, seguidos entre estas partes: dunha, e en representación da acción pública, o ministerio fiscal; e doutra, como denunciante, Josefa Carro Pérez, e como denunciado Eduardo de Jesús Bustelo, cunhas circunstancias persoais que xa constan, por unha suposta falta de malos tratos. Decido que debo absolver e absolvo a Eduardo de Jesús Bostelo da falta denunciada, e decláranse de oficio as custas deste xuízo.
Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación por ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo do quinto día seguinte a aquel en que se efectuase a última notificación de conformidade co artigo 976 reformado pola Lei 10/1992, do 30 de abril, da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación de sentencia ó denunciado Eduardo de Jesús Bostelo, expido e asino este edicto en Negreira o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
José Manuel Seren Quintela
Secretario

