Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso para a contratación directa do servicio de transporte relativo ó programa Coñece España-95 nas comunidades autónomas de Castela-A Mancha, Castela-León e Madrid.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trá

mites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso para a contratación directa da seguinte asistencia técnica:

-Obxecto do contrato: realización do transporte dos participantes no programa Coñece España-95 nas comunidades autónomas de Castela-A Mancha, Castela-León e Madrid.

-Orzamento: 135 ptas./km, establecéndose un orzamento máximo de contratación de catro millóns seiscentas mil pesetas (4.600.000 ptas.)

-Prazo de execución: do 15 de abril ó 31 de maio de 1995.

-O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados nas dependencias da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, edificios administrativos San Caetano, bloque 3º, 1º piso, Santiago de Compostela.

-As proposicións presentaranse segundo modelo oficial no Rexistro Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou no xeito que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo dos dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura de plicas: realizaraa a comisión de contratación constituída para o efecto, o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude