Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1995, relativa ó expediente de expropiación forzosa que se instrúe para a execución das obras do polígono de actuación 1 do parque empresarial de Pereiro de Aguiar, pola que se citan os interesados para o levantamento das actas previas.

Aprobado o expediente de expropiación de referencia pola Comisión Provincial de Urbanismo de Ourense, en sesión do día 16 de marzo de 1995, de conformidade co disposto no artigo 220 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, a resolución do órgano

autonómico competente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude e de acordo co artigo 215 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, en relación co artigo 52.2 da Lei de expropiación forzosa, convócase ós titulares dos bens e dereitos afectados polo expediente de referencia, para que comparezan co obxecto de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados.

Ó dito acto, que lles será notificado individualmente por correo certificado, deberán asisti-los titulares e propietarios afectados persoalmente ou ben representados polas persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o último recibo do imposto sobre bens inmobles e, en caso de representación, o poder suficiente, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos ou dun notario.

O levantamento das actas previas terá lugar na casa do Concello de Pereiro de Aguiar, sen prexuízo de trasladarse ós predios se fose necesario, citándose para o día 8 de abril de 1995 ás 10 horas os seguintes titulares: