Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia unha asistencia técnica, polo procedemento de concurso público, para a realización dunha enquisa domiciliaria e a gravación da información necesaria para a emisión da tarxeta sanitaria.

I.-Obxecto e orzamento: a realización dunha enquisa domiciliaria e a gravación da información necesaria para a emisión da tarxeta sanitaria por un importe máximo de 99.995.000 ptas., IVE incluído.

II.-Prazo de execución: o prazo para a realización da presente asistencia técnica é o indicado no apartado 2º da folla de especificacións.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Organización Sanitaria, edificio administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

IV.-Fianzas: o 2% do orzamento de licitación (1.999.900 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da Lei de contratos do Estado e 340 do seu regulamento. Ver punto 12.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a constitución da fianza definitiva.

V.-Clasificación: grupo I, subgrupo III, categoría C.

VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do R.X.C.E.

VII.-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

VIII.-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos