Co fin de dar cumprimento ó acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión do día 9 de marzo de 1995, anúnciase licitación por poxa da obra denominada pavimentación do camiño da Barcia, con suxeición ó prego de condicións xurídico-económico-administrativas que constan no expediente.
-Tipo de licitación: 9.238.356 ptas.
-Prazo de execución: 2 meses.
-Fianza provisional: o 2% do importe da licitación e fianza definitiva do 4%.
-Prego de condicións e proxecto: poderán ser examinados na secretaría durante horas de oficina.
-Proposicións: presentaranse dentro do prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP e DOG, axustada ó seguinte modelo.
D./Dª.... con domicilio en... rúa... nº... teléfon... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa), nº ... actuando en nome propio (ou en representación de .. DNI ou CIF nº... e con domicilio na rúa... nº ... ), toma parte na poxa convocada por... e publicada no... de data... para a execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos que fai constar:
1º-Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas., en relación co tipo de licitación.
2º-Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.
3º-Que acompaña nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.
-Sobre A), oferta económica, conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo antes indicado.
-Sobre B), documentación, conterá a documentación sinalada na cláusula 13 do prego de condicións.
Proposición para tomar parte na poxa das obras de... presentada por...
Apertura de plicas. Ás 12 horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de plicas.
Fisterra, 17 de marzo de 1995.
O alcalde-presidente
Rubricado

