Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa.

Obxecto.-De conformidade coa resolución da Presidencia, do 20-3-1995, anúnciase a poxa das obras comprendidas no Programa Operativo Local de 1995, que figura no anexo I que se xunta, cos orzamentos que se relacionan, coas fianzas provisionais que se reseñan, así como as correspondentes clasificacións dos contratistas.

Peazo.-Estas obras serán entregadas provisionalmente no prazo que figura no prego de condicións.

Pagamentos.-Efectuaranse mensualmente contra certificación de obra realmente executada, con cargo ó crédito consignado no orzamento vixente.

Garantía definitiva.-O adxudicatario virá obrigado a constituír unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento da obra.

Proposicións.-Presentaranse axustadas ó seguinte

MODELO

Don/Dona...., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número ...., actuando en nome propio (ou en representación de ..., DNI número... e domicilio en..., rúa...., número...) desexa tomar parte na poxa convocada por... e publicada en...., con data do..., para a execución das obras comprendidas no proxecto de... e para estes efectos fai constar:

1º.-Que ofrece o prezo de ... pesetas, que significa unha baixa de ... pesetas, en relación co tipo de licitación.

3º.-Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.

3º.-Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 19...

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

Presentación de plicas.-Na Sección de Patrimonio e Contratación, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos dez días hábiles computados desde o seguinte á última inserción deste anuncio.

Apertura de plicas.-Ás doce horas do día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de plicas.

A Coruña, 20 de marzo de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau S.

Secretario