Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 1995 Páx. 2.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa.

Obxecto.-De conformidade coa resolución da Presidencia do 20 de marzo de 1995, anúnciase a poxa das obras comprendidas no programa de rede viaria local de 1995 que figuran no anexo I que se xunta, cos orzamentos que se relacionan, as fianzas provisionais que se reseñan, así coma as correspondentes clasificacións dos contratistas.

Prazo.-Estas obras serán entregadas provisionalmente no prazo que figura no prego de condicións.

Pagamentos.-Efectuaranse mensualmente contra certificación de obra realmente executada, con cargo ó crédito consignado no orzamento vixente.

Garantía definitiva.-O adxudicatario virá obrigado a constituír unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento da obra.

Proposicións.-Presentaranse axustadas ó seguinte

MODELO

Don/Dona..., con domicilio en... rúa..., número..., teléfono...., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de ... DNI número..., e con domicilio en..., rúa... número ... ) desexa tomar parte na poxa convocada por..., e publicado en... con data

do..., para executa-las obras comprendidas no proxecto de...., e para estes efectos fai constar:

1º-Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2º-Que coñece e acepta as obrigas que se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.

3º-Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

Na... o.... de.. de 199

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

Presentación de plicas.-Na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de nove a trece, dentro do prazo dos dez días hábiles computados desde o seguinte ó da última inserción deste anuncio.

Apertura de plicas.-As doce horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de plicas.

A Coruña, 20 de marzo de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau S.

Secretario