Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.269

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se seleccionan os centros desta Comunidade Autónoma que participarán na actividade de escolas viaxeiras durante o ano 1995.

Advertidos erros na referida resolución publicada no DOG nº 28, do 9 de febreiro de 1995, cómpre efectua-las oportunas rectificacións:

1.-No Anexo. PRIMEIRA QUENDA: 28 de marzo-29 de maio.

Onde di: «23-29 maio Andalucía Oriental C.P.C. "La Asunción" Sarria», debe dicir: «23-29 maio Andalucía Oriental C.P. Sardiñeira de Abaixo, Fisterra».

2.-No Anexo. SEGUNDA QUENDA 10 outubro-27 novembro.

Onde di: «31 outubro - 6 novembro Andalucía Occidental C.P. "D. Sardiñeiro", Fisterra», debe dicir: «31 outubro - 6 novembro Andalucía Occidental C.P.C. "La Asunción". Sarria».