Advertidos erros na citada Orde do 15 de febreiro de 1995, publicada no DOG nº 40, do 27 de febreiro de 1995, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:
Na páxina 1.569 apartado 3.2.a) onde di: «O equipo deberá estar formado polo menos por dous doutores.» debe dicir: «O equipo debe estar formado polo menos por dous doutores e os restantes investigadores deberán estar en posesión da suficiencia investigadora prevista no Real decreto 185/1985.»
Na páxina 1.569 dentro do apartado 3.3 onde di: «-Documento nº 3: currículum vitae. Especialmente, na páxina 2ª indicaranse ... », debe dicir: «-Documento nº 3: currículum vitae. Especialmente na páxina 2a indicaranse ... ».
Na páxina 1.569 dentro do apartado 4, no 2º parágrafo, onde di: «... será causa de destimación da solicitude presentada.», debe dicir: «... será causa de desestimación da solicitude presentada.»
Na páxina 1.570 dentro do apartado l.-Instrumentación científica, no epígrafe modalidade B, falta por incluí-lo parágrafo: «A contía da solicitude deberá ser dun mínimo de 5 millóns de pesetas (enténdese este relativo a un único instrumento), e non poderá supera-los 15 millóns de pesetas».
Na páxina 1.571 dentro do apártado 4.-Resolución, no 2º parágrafo, onde di: «A avaliación será efectuada atendendo:», debe dicir: «A avaliación, no caso de instrumentación científica, será efectuada atendendo:».
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

