Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, en solicitude de autorización para instalar C.T. edificio Construcciones y Promociones Anidos, S.L., Foz, o cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966 artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,
RESOLVEU:
Autorizar a Begasa a instalación de centro transformación de 630 CVA. 20.000±5%, 380-200 V, en Foz.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 11 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

