Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.198 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) con domicilio en Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. Subt., C.T. e R.B.T. edificio Praia Portelo, Burela (Lugo) e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Begasa a instalación de liña media tensión a 20 kV subterránea, con cable de sección 1 x 95 mm Al, UNE RHV 15/25 kV, de 208 metros de lonxitude. Centro transformación de 400 kVA. 20.000±5%, 380-230 V. Rede de baixa tensión con cable 0,6/1 kV. 3(1x95)+lx70 Al subterránea, en Burela, r/ Circunvalación.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 17 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo