Visto o expediente incoado na sección de Industria desta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2.634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.
Esta delegación provincial resolveu autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liña media tensión a 20 kV, con conductores LA-56/54,6 Al, apoios de formigón, cunha lonxitude de 17 metros. Centro de transformación intemperie de 100 kVA. 20.000, 398-230 V, no concello de Foz.
Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 17 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

