Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4, en solicitude de autorización para instalar unha subestación transformadora en Vilaronte-Foz, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decre
to 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,
RESOLVEU:
Autorizar a Begasa a instalación de subestación eléctrica de 130/20 kV intemperie, o mesmo có da transformación 130/20 kV. A tiña de 130 kV que entrará na subestación será a derivación da liña Arbón-Mondoñedo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 21 de febreiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

