IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS
CORECCIÓN de erros.-Orde do 20 de xaneiro de 1995 pola que, en cumprimento da sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 24 de outubro de 1994, se modifica a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1991 (DOG nº 106, do 5 de xuño, pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares, e se publica a relación de aspirantes que resultaron seleccionados.
Advertido erro no texto da citada orde, publicada no DOG nº 46, do pasado martes 7, cómpre face-la oportuna corrección:
Na páxina 1.783, onde di: «nº 238 MOURELLE MOSQUEIRA, MANUELA, puntuación total 317», debe dicir: «nº 274 MOURELLE MOSQUEIRA, MANUELA, puntuación total 285,5».
Na mesma páxina, onde di: «nº 256 RODRIGUEZ ABAD, BENJAMIN, puntuación total 302,75», debe dicir: «nº 255 RODRIGUEZ ABAD, BENJAMIN, puntuación total 302,75».