Por resolución da Dirección Xeral de Belas Artes, Arquivos e Bibliotecas do 11 de novembro de 1981 (BOE do 16 de xaneiro de 1982) foi incoado expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a igrexa de Santo André, concello das Nogais, Lugo.
Sendo a devandita incoación anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985 do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, cómpre na actualidade concreta-la delimitación da súa contorna.
En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a delimitación da contorna da igrexa de Santo André, concello das Nogais, Lugo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Ter por incoado expediente para a delimitación da contorna da igrexa de Santo André, no concello das Nogais, Lugo.
Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a súa delimitación a seguinte:
«Comeza a liña no punto 1 situado no eixe do camiño Baselgo á altura da parcela catastral 77. Desde este punto coincide co eixe deste camiño en dirección a Lama da Vila ata o punto 2 situado en Lama da Vila no cruzamento entre este camiño e o que se dirixe a Vilavexa.
Desde este punto 2 a liña continúa coincidindo co eixe do camiño que desde Lama da Vila se dirixe cara á intersección coa pista en dirección a Vilar, onde se sitúa o punto 3.
Polo eixe desta pista desde este punto 3 a liña continúa ata o punto 4 situado no cruzamento desta pista co camiño que descende ata Santo André, pasando por Vilar. Desde este punto a liña continúa coincidindo co eixe desta pista ata o punto 5, situado no encontro desta pista co camiño que, pasando por Castiñeiras, se dirixe ás Nogais.
Desde este punto 5 a liña coincide co eixe deste camiño ata Castiñeiras, onde se sitúa o punto 6 no vértice E da parcela 422b. Desde este punto 6 a liña continúa polos lindeiros sur das parcelas catastrais 525, 526, 522a, 522b e 522c ata o punto 7, onde se desvía para bordea-los lindeiros SE e SO da parcela catastral 413d onde se sitúa o punto 8. Desde aquí a liña continúa polos lindeiros NE das parcelas 98, 97, 96, 95 e 94 (que quedan excluídas da delimitación) ata o punto 9 situado no eixe do camiño de Airelas.
Desde este punto 9 a liña continúa polo lindeiro SO da parcela calastral 519 ata o punto 10, onde se desvía para bordear parte do lindeiro SE da parcela catastral 518c ata o punto 11 onde se produce unha quebra para continuar bordeando as parcelas catastrais 518c, 518b e 518a e a 441 ata o punto 12 situado no eixe do camiño de Garabela.
Desde este punto 12 a liña continúa bordeando
as parcelas catastrais 76 e 77 ata chegar ó punto 1 onde se pecha o ámbito da delimitación.»
Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.
Terceiro.-Darlle traslado da resolución ó alcalde das Nogais, Lugo, e notificarlle que o outorgamento das novas licencias de obras e a execución das concedidas antes de incoarse o expediente precisarán resolución favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental.
Cuarto.-Notificarlle a presente resolución ó bispo de Lugo, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.
Ángel Sicart Giménez
Director xeral do Patrimonio Histórico e
Documental

