Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a resolución do secretario da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 7 de marzo de 1995, pola que se declara deserto o concurso de proxecto, construcción e instalación de refuxios nas paradas de autobuses de viaxeiros da Comunidade Autónoma de Galicia, IX-Plan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos reais decretos 212/1979 e 3.548/1983, e co Decreto 58/1984, sobre asunción de transferencias en materia de transportes, con data 7 de marzo de 1995, resolveu declarar deserto o concurso de proxecto, construcción e instalación de refuxios nas paradas de autobuses de viaxeiros da Comunidade de Galicia, IX-Plan, de conformidade co previsto no artigo 116 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da lei reguladora da xurisdicción contencioso administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14-12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes