Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, da obra de clave CD/LU/94.1.

A) Obra:

1.-Alargamento e mellora da C.P. de Friol a Parga. p.k. 10,050-18,930».

Clave: CD/LU/94.1.

Orzamento: noventa e nove millóns cincocentas oitenta mil pesetas (99.580.000).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría b, grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Fianza provisional: 1.991.600 ptas.

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas, particulares, así como o proxecto, estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no Real decreto 1.883/1979, e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas admistrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do pazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de adimisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

P.D. (Orde do 13-12-93)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda