A Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar polo sistema de poxa, a obra que se cita:
1.-Construcción de un polideportivo no campo do Pompeo do instituto de bacharelato Otero Pedraio de Ourense en execución do convenio subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Deputación Provincial de Ourense e Concello de Ourense.
Orzamento total de contrata (IVE incluído): 196.761.268 (cento noventa e seis millóns setecentas sesenta e unha mil duascentas sesenta e oito pesetas).
Prazo de execución: 24 meses.
Clasificación requirida: grupo «C», categoría «E».
O proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos interesados na Delegación Provincial de Educación, Servicio de Contratación, Rúa Concello, 13-4ª planta.
O prazo de presentación das proposicións será de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, por canto o proxecto foi declarado de urxencia.
As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria.
A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás 13 horas do 5º día seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Orientación Universitaria.
Tódolos gastos que orixine a publicación do presente anuncio, correrán a cargo da empresa adxudicataria.
Ourense, 17 de marzo de 1995.
José Luis Muñoz Lechón
Delegado provincial de Ourense

