Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2. 15008 A Coruña.
-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en urbanización A Barcala.
-Situación: A Barcala-Cambre.
-Descrición técnica: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 330 m de lonxitude, en conductor RHV de Al, de 240 mm, a 12/20 kV que parte da L.M.T. San Marcos Koype, expte. 27.742, e remate no C.T. de 1.000 kVA que se vai instalar na urbanización A Barcala. Concello de Cambre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de febreiro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña

