Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. R/ Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.
Situación: Velle-Quintela (Ourense e Coles).
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan Mega.
Características principais: liña aérea, a 20 kV, de 6.225 m de lonxitude, en conductor LA-110, derivada desde un apoio existente na L.M.T. Velle-Barra de Miño, e rematará na derivación L.M.T. Untes-Quintela.
Orzamento: 22.865.000 pesetas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse á mesma as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
Ourense, 20 de febreiro de 1995.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

