O Concello Pleno, en sesión celebrada con data 9 de marzo de 1.995, adoptou entre outros o seguinte acordo:
Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización, da zona 5 A do SU-6, por instancia de José Rodríguez Ferreiro, previo depósito de aval, en cantidade de trinta e sete millóns cento setenta e catro mil oitocentas trinta e unha pesetas (37.174.831 ptas.).
Anúnciase a exposición ó público, do dito proxecto nas oficinas do Departamento de Xestión e Promoción Urbana, en conformidade co establecido no art. 117.3 do Real decreto lexislativo 1/992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.
Ourense, 15 de marzo de 1995.
Manuel Veiga
Alcalde

