Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.288

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE OURENSE

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

En cumprimento co disposto nos estatutos polos que se rexe a entidade, o Consello de Administración de Caixa de Aforros Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 1995, acordou convocar asemblea xeral ordinaria, que terá lugar o día 25 de abril de 1995 no salón de actos da entidade, sito na Avda. de Pontevedra, 9, planta 1ª, desta cidade, ás dezasete horas, en primeira convocatoria e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria, o mesmo día, no mesmo lugar e media hora máis tarde.

A asemblea xeral desenvolverase de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1.-Confección da lista de asistentes e constitución da asemblea xeral.

2.-Apertura da sesión polo presidente.

3.-Designación dos interventores da acta da sesión.

4.-Exame e aprobación, se procede, das contas anuais (Balance, conta de perdas e ganancias e memoria), informe de xestión do exercicio 1994, da proposta de aplicación dos resultados ós fins da Caixa, así como da xestión do Consello de Administración durante o mesmo período.

5.-Informe, aprobación e liquidación, se procede, do gasto da Obra Benéfico-Social do exercicio 1994 e aprobación, se procede, dos orzamentos para o exercicio 1995 e solicitude de prórroga para o exercicio seguinte.

6.-Informe da Comisión de Control sobre a súa actuación durante o exercicio 1994.

7.-Definición das liñas xerais do plan de actuación anual da Caixa.

8.-Nomeamento dos auditores de contas.

9.-Proposta de delegación de facultades no Consello de Administración para emitir obrigacións subordinadas, cédulas hipotecarias, bonos, pagarés, obrigacións, cotas participativas e, en xeral, outros títulos valores autorizados pola normativa vixente.

10.-Rogos e preguntas.

11.-Intervención do presidente.

En cumprimento do disposto no artigo 20º,1, dos estatutos da entidade, quince días antes, como mínimo, da celebración da asemblea, quedará depositada na sede central, á disposición dos conselleiros xerais, as contas anuais (Balance, conta de perdas e ganancias e memoria), o informe de xestión e a proposta de aplicación do resultado ós fins propios da Caixa, os informes da Comisión de Control e das auditorías realizadas.

Ourense, 17 de marzo de 1995.

David Ferrer Garrido

Presidente