Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.327

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 138/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L., co enderezo na r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.344 m de lonxitude, con orixe en apoio de derivación a Pazos e remate en apoio de derivación a Xestal, Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña