Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.327

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 6 de febreiro de 1995 pola que se recoñece con carácter previo a Cooperativa de Criadores de Ganado Porcino, Soc. Coop. Ltda. como agrupación de productores agrarios (A.P.A.), para a comercialización de animais vivos da especie porcina e carne de porcino.

Incoado expediente por Cooperativa de Criadores de Ganado Porcino, Soc. Coop. Ltda. con domicilio social en Xoán XXIII 33, Ourense, para a constitución no seu seo dunha Agrupación de Productores Agrarios (A.PA.) para a comercialización de animais vivos da especie porcina e carne de porcino, acollida ó R.d. 280/1988, do 18 de marzo, e cumprindo os requisitos esixidos polo R (CEE) 1.360/1978, esta consellería acorda:

Recoñecer con carácter previo como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de animais vivos da especie porcina e carne de porcino, á Cooperativa de Criadores de Ganado Porcino, Soc. Coop. Ltda. con ámbito territorial na provincia de Ourense.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes