Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.328

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 20 de marzo de 1995 pola que se nomean os membros do xurado do premio das letras e das artes de Galicia, convocado pola Orde do 2 de xaneiro de 1995.

O Decreto 258/1994, do 30 de setembro, polo que se crea o premio das letras e das artes de Galicia, dispón no seu artigo 42 (publicada corrección de erros no DOG nº 13, do 19 de xaneiro de 1995) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

En cumprimento do citado artigo cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado do premio das letras e das artes de Galicia. Na súa virtude

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear presidente e membros do xurado do premio das letras e das artes de Galicia ás seguintes persoas:

1.-Presidente:

Camilo José Cela Trulock, por delegación do conselleiro de Cultura.

2.-Vocais:

José Antonio García Caridad, proposto polo Consello da Cultura Galega.

Marino Dónega Rozas, proposto pola Real Academia Galega.

José Luis Iglesias Feijoo, proposto pola Universidade de Santiago de Compostela.

José Eduardo López Pereira, proposto pola Universiade da Coruña.

Juan Fernando de la Iglesia González de Peredo, proposto pola Universidade de Vigo.

Xulio A. Fernández Argüelles, proposto pola Real Academia de Belas Artes Nª Sra. do Rosario.

José Manuel López Vázquez, nomeado polo conselleiro de Cultura.

3.-Secretario:

Homero José María Pérez Quintana, director xeral de Cultura.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura