José Manuel Seren Quintela, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira.
Certifico que nos autos de xuízo de faltas número 68/1994, sobre danos, que se segue neste xulgado, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:
Sentencia número 21/1995. En Negreira o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
Vistos por Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas arriba indicados, seguidos entre partes, por unha banda e en representación da acción pública o ministerio fiscal e, pola outra, como denunciante, Josefa Carro Pérez e, como denunciado Eduardo de Jesús Bustelo, de quen as demais circunstancias persoais xa constan por unha suposta falta de danos.
Resolvo que debo absolver e absolvo a Eduardo de Jesús Bustelo da falta denunciada, declarándose de oficio as custas deste xuízo.
Contra esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo do quinto día seguinte a aquel en que se practicase a última notificación de conformidade co art. 976 reformado pola Lei 10/1992, do 30 de abril, da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que lle sirva de notificación de sentencia ó denunciado Eduardo de Jesús Bustelo, expido e asino este edicto, en Negreira o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
José Seren Quintela
Secretario

