En cumprimento do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santa Uxía de Ribeira, Eva Mª Doval Lorente, no xuízo verbal de faltas número 214/1994, que se segue neste xulgado por furto, cítase en legal forma a Manuel Nantes Chouza, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o 19 de abril de 1995 ás 10,30 horas compareza ante a sala de audiencias deste xulgado, para asistir á vista do correspondente
xuízo, advertíndolle que de non comparecer, recaerán sobre del os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.
E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido a presente cédula en Ribeira o tres de marzo de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado

