Eu, Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e do seu partido, fago saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 261 de 1994, por instancia da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador García Piccoli Atanes, contra Florentino Gontán Pérez, Josefina Rocamonde Souto e Esther Pérez Blanco, con domicilio os dous primeiros en Santiago de Compostela, rúa Curros Enríquez, número 2 (A Coruña), e a segunda en Cercio, s/n, Lalín (Pontevedra), acordou a celebración de pública poxa, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:
1. Sinalouse que para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día dezaoito de maio do presente ano, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de cincuenta e sete millóns de pesetas, fixado para tal efecto na escritura de préstamo.
2. Para o suposto que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día trece de xuño do presente ano, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75 por cento da primeira.
3. Se resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día sete de xullo do presente ano, ás once horas na sala da audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.
4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.
5. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -coa excepción do acredor demandante deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para ser admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta
cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1584/18/0261/94, presentando o resgardo de ingreso.
6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, a dispor do público, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse a súa extinción do prezo do remate.
7. Poderán facerse ofertas en prego pechado e o remate poderá verificarse coa condición de cedelo a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.
8. No caso de que houbese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase para poxa suspendida.
8. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor ofertante, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obrigación e, de se-lo caso, como parte do prezo da venda.
10. Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obrigación e desexasen aproveita-lo remate outros ofertantes e sempre pola orde delas.
11. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificarase ó debedor, no predio ou predios poxados e, de se-lo caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.
Bens obxecto de poxa
Casa número dous da rúa Curros Enríquez desta cidade de Santiago de Compostela. Ocupa unha superficie de cento oitenta e dous metros cadrados. Linda: pola súa fronte, ó norte, coa rúa da súa situación; á dereita entrando, ó oeste, co punto de unión das rúas López Ferreiro e Curros Enríquez, á esquerda, leste, coa casa número un da rúa López Ferreiro; e ás costas ou fondo, ó sur, con esta mesma rúa.
Título: escritura de liquidación de gananciais, doazón e adxudicación outorgada o 11 de xullo de 1991 ante o notario de Lalín Victorino Gutiérrez Aller.
Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número un, no tomo 1.104, libro 134, folio 115, predio número 13.094.
Dado en Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado

