Na executoria tramitada no Xulgado do Penal número un dos de Santiago de Compostela, co núme
ro12/1993, sobre delicto continuado de furto, contra o penado Francisco Javier Quinteiro Calvelo, en ignorado paradoiro, dictouse a resolución que copiada literalmente di como segue.
«Providencia. Maxistrado xuíz
Ramón Lojo Aller. Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.
Tendo en conta que o penado Francisco Javier Quinteiro Calvelo se encontra en ignorado paradoiro, fágaselle saber que este xulgado procedeu a designar como perito para a valoración dos predios da propiedade do referido penado, números 7.255 e 7.256, sitas no municipio de Teo, e dos que o embargo se decretou con data do 25 de marzo de 1994, a José Botana Caeiro, iso para os efectos previsto no art. 1.484 da Lei de axuizamento civil, para que dentro do segundo día nomee outro pola súa parte, baixo apercibimento de telo por nforme co nomeado polo xulgado, para o que se libra oficio e cédula de notificación que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Así o manda e asina S.S. e dou fe.» Seguen as sinaturas.
Para que conste e lle sirva de notificación ó penado Francisco Javier Quinteiro Calvelo, en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
Francisco Javier Rubio Delgado
Secretario xudicial

