Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, da obra da clave RC-PO-94.6 e cinco máis.

A) Obras.

Mellora da capa de rodadura, reperfilado e limpeza de toxos na PO-261, p.k. 0,000/5,000, Mondariz-O Covelo.

Clave: RC-PO-94.6.

Orzamento: quince millóns vintenove mil cento vintetrés (15.029.123) pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo, 4, categoría c.

Fianza provisional: 300.582 pesetas.

Instalación de iluminación pública na estrada C-550. Variante de Tamuxe. Concello do Rosal.

Clave: RC-PO-94.18.

Orzamento: nove millóns cento trinta e sete mil cincocentas sesenta pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: grupo 1, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 182.751 pesetas.

Reforzo de firme e colectores de sumidoiros na PO-250, p.k. 0,000 ó 6,400. Tramo: Redondela-Amoedo. Concellos de Redondela e Pazos de Borbén.

Clave: RC-PO-95.1

Orzamento: cincuenta millóns trescentas setenta e nove mil oitocentas setenta e sete (50.379.877) pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b; grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Fianza provisional: 1.007.598 pesetas.

Pavimentación de camiños nos barrios de Albores Grande, Sancho e Paraviñabal. Concello de Nigrán.

Clave: RC-PO-95.4.

Orzamento: oito millóns catrocentas oitenta e catro mil oitocentas vintedúas (8.484.822) pesetas.

Prazo de execución: un mes.

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: 169.696 pesetas.

Beirarrúas e varandas da ponte sobre o río Verdugo na estrada C-531 ó seu paso por Ponte-Caldelas.

Clave: RC-PO-95.5.

Orzamento: seis millóns cincocentas corenta e unha mil trescentas setenta e unha (6.541.371) pesetas.

Prazo de execución: cinco meses.

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: 130.827 pesetas.

Instalación de iluminación pública na PO-332 de Vincios a Nigrán e de semáforos de peóns na C-550, no concello de Nigrán.

Clave: RC-PO-95.6.

Orzamento: vinteún millóns seiscentas vinteunha mil catorce (21.621.014) pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: 432.420 pesetas.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos do interese para os licitadores, estarán á disposición destes durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na rúa Alcalde Hevia s/n en Pontevedra.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1.883/1979, a unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifida a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición e conómica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, ben persoalmente ou ben enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará as 12 horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, rúa Benito Corbal, nº 47 en Pontevedra, ás once horas do sexto día hábil, que non sexa sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 17 de marzo de 1995.

Justo J. González Ballesta

Delegado provincial de Pontevedra